VILASANTAR ENERXÍA

Vilasantar Enerxía

Vilasantar Enerxía é a comunidade enerxética local impulsada polo Concello de Vilasantar, co apoio do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (código PR 486C).

Un proxecto colectivo para reducir a factura da luz, coidar do planeta e fortalecer a nosa comunidade.

Consumo agregado de enerxía

O consumo agregado de enerxía consiste en unir fogares, negocios e persoas dun mesmo territorio para sumar demanda eléctrica e buscar mellores condicións de subministración de maneira colectiva.

En lugar de que cada persoa xestione o seu contrato por separado, a comunidade organiza o consumo de forma conxunta para analizar facturas, detectar oportunidades de aforro e acceder a condicións máis vantaxosas.

É unha maneira sinxela de empezar a participar nunha comunidade enerxética, xerando beneficios sen necesidade de contar desde o inicio cunha instalación propia.

A través deste modelo pódese:

* Buscar aforro na factura eléctrica
* Mellorar condicións de contratación
* Sumarse á forza do grupo
* Acceder a novos servizos enerxéticos compartidos

Queres empezar a aforrar?

Cubre o formulario e envía a túa factura. Faremos un estudo da túa situación e nos contactaremos contigo.

Que é Vilasantar Enerxía?

VIlasantar Enerxía é unha asociación sen ánimo de lucro que permite:

  • Producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
  • Reducir ata un 30% a factura eléctrica dos seus membros.
  • Impulsar a economía local e crear emprego verde.
  • Contribuír á loita contra o cambio climático.
  • Funciona a través do autoconsumo colectivo con instalacións de enerxía renovable existentes no municipio, coma o pavillón polideportivo de Présaras.

Datos destacados de Vilasantar Enerxía

  • 14 sócios fundadores.
  • 254 vivendas beneficiadas na primeira fase.
  • Aforro estimado: 16.000 €/ano entre as primeiras vivendas.
  • 25% das vivendas de Coirós poderían asociarse na primeira etapa.

Localizacións implicadas neste proxecto

Instalacións públicas que participan no proxecto:

  • Casa do Concello
  • Pista polideportiva RU-Vilasantar
  • Casa da Cultura
  • Campo de Fútbol Municipal
  • Escola ecolóxica
  • Piscina Municipal
  • Vivenda comunitaria
  • Centro de Saúde
  • Pavillón Polideportivo de Présaras
  • CEIP de Présaras
  • Cámara Agraria de Présaras
  • Casa Niño e Casa da Xuventude de Présaras
  • Casa da Cultura de San Vicenzo
  • Escola do Seixo San Vicente
  • Local Social Parroquial Priorato
  • Local Social Campo da Feira
  • Centro Cultural Vilariño
  • Local Social Armental
  • Local Social de Barbeito

Documentos dispoñibles

icono-pdf

Estatutos de Vilasantar Enerxía

icono-pdf

Proxecto completo da Comunidade Enerxética

icono-pdf

Planos das zonas de influencia

Novas

Non atopas o que buscas?

Se tes dúbidas ou queres saber máis:

Contacta con nós aquí.

Promove e financia

Este proxecto é impulsado polo: Concello de Vilasantar polo Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (Código de procedemento PR 486C)

Queres participar nunha comunidade enerxética?

Fai visible teu compromiso co medio ambiente, axudarás a crear un mundo máis sostible ademáis de ter vantaxes económicas.