VILAR DE BARRIO ENERXÍA

Vilar de Barrio Enerxía
Vilar de Barrio Enerxía é a comunidade enerxética local impulsada polo Concello de Vilar de Barrio, co apoio do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (código PR 486C).
Un proxecto colectivo para reducir a factura da luz, coidar do planeta e fortalecer a nosa comunidade.
Consumo agregado de enerxía
O consumo agregado de enerxía consiste en unir fogares, negocios e persoas dun mesmo territorio para sumar demanda eléctrica e buscar mellores condicións de subministración de maneira colectiva.
En lugar de que cada persoa xestione o seu contrato por separado, a comunidade organiza o consumo de forma conxunta para analizar facturas, detectar oportunidades de aforro e acceder a condicións máis vantaxosas.
É unha maneira sinxela de empezar a participar nunha comunidade enerxética, xerando beneficios sen necesidade de contar desde o inicio cunha instalación propia.
A través deste modelo pódese:
* Buscar aforro na factura eléctrica
* Mellorar condicións de contratación
* Sumarse á forza do grupo
* Acceder a novos servizos enerxéticos compartidos
Queres empezar a aforrar?
Cubre o formulario e envía a túa factura. Faremos un estudo da túa situación e nos contactaremos contigo.
Que é Vilar de Barrio Enerxía?
Vilar de Barrio Enerxía é unha asociación sen ánimo de lucro que permite:
- Producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
- Reducir ata un 30% a factura eléctrica dos seus membros.
- Impulsar a economía local e crear emprego verde.
- Contribuír á loita contra o cambio climático.
- Funciona a través do autoconsumo colectivo con instalacións de enerxía renovable existentes no municipio, coma o pavillón Marcadán.
Datos destacados de Vilar de Barrio Enerxía
- 9 sócios fundadores.
- 352 vivendas beneficiadas na primeira fase.
- Aforro estimado: 16.000 €/ano entre as primeiras vivendas.
- 23% das vivendas de Frades poderían asociarse na primeira etapa.
Localizacións implicadas neste proxecto
Instalacións públicas que participan no proxecto:
- Casa do Concello de Vilar de Barrio
- Protección civil
- Centro de saúde
- CEIP
- Centro social Padreda.
- Local social de Borrán
- Centro social de Seiro
- Centro social de Arnuide
- Local social Boveda
- Campo de Fútbol de Arnuide
- Campo de futbol Vilar de Barrio (A
Corga) - Piscina municipal
- Pavillón municipal Marcadán
- Pista deportiva de Cancillós
- Pista deportiva Alemparte
- Salón de actos e biblioteca
Novas
O Concello de Vilar de Barrio, co apoio de 9 veciños e [...]
O Concello de Vilar de Barrio complace en anunciar a presentación da [...]
Non atopas o que buscas?
Se tes dúbidas ou queres saber máis:
Contacta con nós aquí.
Promove e financia
Este proxecto é impulsado polo: Concello de Vilar de Barrio e polo Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (Código de procedemento PR 486C)






