SAN SADURNIÑO ENERXÍA

San Sadurniño Enerxía

San Sadurniño Enerxía é a comunidade enerxética local que impulsan o Concello de San Sadurniño e a veciñanza. Constituíuse como asociación sen ánimo de lucro o 28 de agosto de 2026, coa sinatura dos estatutos e da acta fundacional. Xa podes asociarte: é gratuíto, sen permanencia e sen ningún compromiso económico.

Un proxecto colectivo para reducir a factura da luz, coidar do planeta e fortalecer a nosa comunidade.

AGORA TÓCACHE A TI: FAITE SOCIO/A

A comunidade enerxética xa está constituída. Canta máis xente participe, mellores condicións poderemos negociar e máis enerxía haberá para repartir entre as persoas socias.

Asociarse é gratuíto, sen permanencia e sen ningún compromiso económico.
Non tes que facer obras nin cambiar de compañía eléctrica · É compatible co bono social · Podes darte de baixa cando queiras

Tamén podes asociarte presencialmente ou chamando ao 677 737 321 · oficina@enerxia.eu

Consumo agregado de enerxía

O consumo agregado de enerxía consiste en unir fogares, negocios e persoas dun mesmo territorio para sumar demanda eléctrica e buscar mellores condicións de subministración de maneira colectiva.

En lugar de que cada persoa xestione o seu contrato por separado, a comunidade organiza o consumo de forma conxunta para analizar facturas, detectar oportunidades de aforro e acceder a condicións máis vantaxosas.

É unha maneira sinxela de empezar a participar nunha comunidade enerxética, xerando beneficios sen necesidade de contar desde o inicio cunha instalación propia.

A través deste modelo pódese:

* Buscar aforro na factura eléctrica
* Mellorar condicións de contratación
* Sumarse á forza do grupo
* Acceder a novos servizos enerxéticos compartidos

Queres empezar a aforrar?

Cubre o formulario e envía a túa factura. Faremos un estudo da túa situación e nos contactaremos contigo.

Que é San Sadurniño Enerxía?

San Sadurniño Enerxía é unha asociación sen ánimo de lucro que permite:

  • Producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
  • Aforrar na factura eléctrica grazas á negociación colectiva e ao autoconsumo compartido.
  • Impulsar a economía local e crear emprego verde.
  • Contribuír á loita contra o cambio climático.
  • Empezar polo consumo agregado, sen obras nin agardar por ningunha subvención.
  • Instalar, máis adiante, enerxía solar nas cubertas municipais: o estudo analiza 17 edificios, cun potencial de 609 kW, e todas as 1.725 vivendas do concello quedan dentro do radio de 2 km dalgunha instalación.

Documentos dispoñibles

icono-pdf

Estatutos da asociación

icono-pdf

Estudo de implantación

icono-pdf

Planos das zonas de influencia

Novas

Non atopas o que buscas?

Se tes dúbidas ou queres saber máis:

Contacta con nós aquí.

Promove e financia

Este proxecto está impulsado polo Concello de San Sadurniño e cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Unión Europea (FEADER), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o GDR Seitura 22, a través da Intervención Leader (AGADER).

Concello de San Sadurniño
Logos dos financiadores

Queres participar nunha comunidade enerxética?

Fai visible teu compromiso co medio ambiente, axudarás a crear un mundo máis sostible ademáis de ter vantaxes económicas.