ORDES ENERXÍA

Ordes Enerxía

Ordes Enerxía é a comunidade enerxética local impulsada polo Concello de Ordes, co apoio do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (código PR 486C).

Un proxecto colectivo para reducir a factura da luz, coidar do planeta e fortalecer a nosa comunidade.

Consumo agregado de enerxía

O consumo agregado de enerxía consiste en unir fogares, negocios e persoas dun mesmo territorio para sumar demanda eléctrica e buscar mellores condicións de subministración de maneira colectiva.

En lugar de que cada persoa xestione o seu contrato por separado, a comunidade organiza o consumo de forma conxunta para analizar facturas, detectar oportunidades de aforro e acceder a condicións máis vantaxosas.

É unha maneira sinxela de empezar a participar nunha comunidade enerxética, xerando beneficios sen necesidade de contar desde o inicio cunha instalación propia.

A través deste modelo pódese:

* Buscar aforro na factura eléctrica
* Mellorar condicións de contratación
* Sumarse á forza do grupo
* Acceder a novos servizos enerxéticos compartidos

Queres empezar a aforrar?

Cubre o formulario e envía a túa factura. Faremos un estudo da túa situación e nos contactaremos contigo.

Que é Ordes Enerxía?

Ordes Enerxía é unha asociación sen ánimo de lucro que permite:

  • Producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
  • Reducir ata un 30% a factura eléctrica dos seus membros.
  • Impulsar a economía local e crear emprego verde.
  • Contribuír á loita contra o cambio climático.
  • Funciona a través do autoconsumo colectivo con instalacións de enerxía renovable existentes no municipio, coma o pavillón Castelao 2.

Datos destacados de Ordes Enerxía

  • 4.204 vivendas beneficiadas na primeira fase.
  • Aforro estimado: 17.000 €/ano entre as primeiras vivendas.
  • 68,8% das vivendas de Coirós poderían asociarse na primeira etapa.

Localizacións implicadas neste proxecto

Instalacións públicas que participan no proxecto:

  •  Institutos.
  • Centro de Saude.
  • Casa do Concello
  • Colexios.
  • Pavillóns.
  • Escolas infantis.
  • ESMU.
  • Casa da Cultura.
  • Locais sociais.
  • Cidade deportiva.
  • Piscina cuberta.
  • Mercado de abastos.
  • Tanatorio municipal

Documentos dispoñibles

icono-pdf

Estatutos de Ordes Enerxía

icono-pdf

Proxecto completo da Comunidade Enerxética

icono-pdf

Planos das zonas de influencia

Novas

Non atopas o que buscas?

Se tes dúbidas ou queres saber máis:

Contacta con nós aquí.

Promove e financia

Este proxecto é impulsado polo: Concello de Ordes e polo Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (Código de procedemento PR 486C)

concello-ordes

Queres participar nunha comunidade enerxética?

Fai visible teu compromiso co medio ambiente, axudarás a crear un mundo máis sostible ademáis de ter vantaxes económicas.