O ROSAL ENERXÍA

O Rosal Enerxía
O Rosal Enerxía é a comunidade enerxética local impulsada polo Concello de O Rosal, co apoio do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (código PR 486C).
Un proxecto colectivo para reducir a factura da luz, coidar do planeta e fortalecer a nosa comunidade.
Consumo agregado de enerxía
O consumo agregado de enerxía consiste en unir fogares, negocios e persoas dun mesmo territorio para sumar demanda eléctrica e buscar mellores condicións de subministración de maneira colectiva.
En lugar de que cada persoa xestione o seu contrato por separado, a comunidade organiza o consumo de forma conxunta para analizar facturas, detectar oportunidades de aforro e acceder a condicións máis vantaxosas.
É unha maneira sinxela de empezar a participar nunha comunidade enerxética, xerando beneficios sen necesidade de contar desde o inicio cunha instalación propia.
A través deste modelo pódese:
* Buscar aforro na factura eléctrica
* Mellorar condicións de contratación
* Sumarse á forza do grupo
* Acceder a novos servizos enerxéticos compartidos
Queres empezar a aforrar?
Cubre o formulario e envía a túa factura. Faremos un estudo da túa situación e nos contactaremos contigo.
Que é O Rosal Enerxía?
O Rosal Enerxía é unha asociación sen ánimo de lucro que permite:
- Producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
- Reducir ata un 30% a factura eléctrica dos seus membros.
- Impulsar a economía local e crear emprego verde.
- Contribuír á loita contra o cambio climático.
- Funciona a través do autoconsumo colectivo con instalacións de enerxía renovable existentes no municipio, coma o pavillón municipal de O Rosal
Localizacións implicadas neste proxecto
Instalacións públicas que participan no proxecto:
- Casa do Concello de O Rosal
- Biblioteca de CRA
- Mercado de O Rosal
- Centro de Saúde Tabagón
- Escola de Fornelos
- Escola de Novás
- CPI Manuel Suárez Marquier
- Escola de Couso
- Escola de Marzán
- Local Social de Marzán
- Casa da Cultura As Eiras e de San Xián
- Estadio Municipal de O Rosal
- Pavillón Municipal de O Rosal
- Campo de Fútbol As Faias
Novas
O acto será o vindeiro xoves 22 de maio ás 18.00 h na [...]
O Concello compartiu boas prácticas e presentou a súa Oficina da Enerxía [...]
Será o vindeiro xoves 13 de marzo ás 19.00 horas no Salón [...]
A Oficina da Enerxía, impulsada polo Concello de O Rosal, foi inaugurada [...]
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h [...]
Non atopas o que buscas?
Se tes dúbidas ou queres saber máis:
Contacta con nós aquí.
Promove e financia
Este proxecto é impulsado polo: Concello de O Rosal e polo Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (Código de procedemento PR 486C)






