COIRÓS ENERXÍA

Coirós Enerxía

Coirós Enerxía é a comunidade enerxética local impulsada polo Concello de Coirós, co apoio do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (código PR 486C).

Un proxecto colectivo para reducir a factura da luz, coidar do planeta e fortalecer a nosa comunidade.

Consumo agregado de enerxía

O consumo agregado de enerxía consiste en unir fogares, negocios e persoas dun mesmo territorio para sumar demanda eléctrica e buscar mellores condicións de subministración de maneira colectiva.

En lugar de que cada persoa xestione o seu contrato por separado, a comunidade organiza o consumo de forma conxunta para analizar facturas, detectar oportunidades de aforro e acceder a condicións máis vantaxosas.

É unha maneira sinxela de empezar a participar nunha comunidade enerxética, xerando beneficios sen necesidade de contar desde o inicio cunha instalación propia.

A través deste modelo pódese:

* Buscar aforro na factura eléctrica
* Mellorar condicións de contratación
* Sumarse á forza do grupo
* Acceder a novos servizos enerxéticos compartidos

Queres empezar a aforrar?

Cubre o formulario e envía a túa factura. Faremos un estudo da túa situación e nos contactaremos contigo.

Que é Coirós Enerxía?

Coirós Enerxía é unha asociación sen ánimo de lucro que permite:

  • Producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
  • Reducir ata un 30% a factura eléctrica dos seus membros.
  • Impulsar a economía local e crear emprego verde.
  • Contribuír á loita contra o cambio climático.
  • Funciona a través do autoconsumo colectivo con instalacións de enerxía renovable existentes no municipio, coma o pavillón polideportivo Fontelo.

Datos destacados de Coirós Enerxía

  • 18 sócios fundadores.
  • 340 vivendas beneficiadas na primeira fase.
  • Aforro estimado: 15.300 €/ano entre as primeiras vivendas.
  • 32,5% das vivendas de Coirós poderían asociarse na primeira etapa.

Localizacións implicadas neste proxecto

Instalacións públicas que participan no proxecto:

  • Pavillón polideportivo Fontelo
  • Campo de fútbol de Coirós
  • Piscina municipal
  • Casa do Concello
  • Centros culturais e sociais
  • EDAR municipal, entre outros.

Documentos dispoñibles

icono-pdf

Estatutos de Coirós Enerxía

icono-pdf

Proxecto completo da Comunidade Enerxética

icono-pdf

Planos das zonas de influencia

Novas

Non atopas o que buscas?

Se tes dúbidas ou queres saber máis:

Contacta con nós aquí.

Promove e financia

Este proxecto é impulsado polo: Concello de Coirós e polo Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia (Código de procedemento PR 486C)

concello-coiros

Queres participar nunha comunidade enerxética?

Fai visible teu compromiso co medio ambiente, axudarás a crear un mundo máis sostible ademáis de ter vantaxes económicas.