Como funciona?

como funciona enerxia.eu

Como funciona?

Formar parte dunha comunidade enerxética é moito máis sinxelo do que parece. Non fai falta ter coñecementos técnicos nin facer grandes investimentos, o importante é querer sumar para conseguir unha enerxía máis sostible, máis económica e máis nosa.

Un dos primeiros pasos é participar no consumo agregado de enerxía, que consiste en agrupar o consumo de varias persoas para analizar as súas facturas, optimizar os contratos e mellorar as condicións de subministración. Isto permite reducir custos, tomar mellores decisións e comezar a obter beneficios desde o primeiro momento, sen necesidade de ter instalacións propias.

Despóis, a comunidade pode avanzar cara a outros modelos como o autoconsumo colectivo, compartindo enerxía renovable xerada de forma local.

En tres pasos, podes formar parte dunha transformación que beneficia á túa casa, á túa comunidade e ao planeta

01. Unímonos

Veciñanza, empresas ou institucións poñémonos de acordo para crear unha comunidade enerxética. Organizámonos, coñecémonos e analizamos como consumimos enerxía para tomar mellores decisións desde o inicio.

Un dos primeiros pasos é participar no consumo agregado de enerxía, agrupando o consumo das persoas participantes para revisar facturas, optimizar contratos e detectar oportunidades de aforro. Isto permite comezar a obter beneficios desde o primeiro momento.

  • REUNIÓNS ABERTAS
  • ESTUDO DAS NECESIDADES E DO CONSUMO ENERXÉTICO
  • ANÁLISE DE FACTURAS (CONSUMO AGREGADO)
  • CREACIÓN DA ASOCIACIÓN OU ENTIDADE LEGAL
Unímonos
Xeramos enerxía

Xeramos enerxía .02

Unha vez organizada a comunidade e coñecidas as necesidades reais, damos o paso cara á xeración de enerxía renovable.

Instalamos sistemas de xeración (como paneis solares) nun lugar adecuado: un polideportivo, un edificio municipal, unha nave industrial, etc.

  • INSTALACIÓN DE ENERXÍA RENOVABLE
  • CONEXIÓN Á REDE EXISTENTE
  • ASIGNACIÓN DE PORCENTAXES DE CONSUMO ENTRE OS MEMBROS

03. Compartimos e aforramos

Cada membro da comunidade recibe a súa parte da enerxía xerada, reducindo o consumo da rede convencional e aforrando na factura. Tamén contribuímos a un planeta máis limpo!

  • CONSUMO COLECTIVO DA ENERXÍA XERADA.
  • AFORRO NA FACTURA ELÉCTRICA.
  • IMPACTO AMBIENTAL POSITIVO.
Compartimos e aforramos

«Un futuro sostible está nas nosas mans.
Súmate ao cambio con Enerxía.eu»

Queres participar nunha comunidade enerxética?

Fai visible teu compromiso co medio ambiente, axudarás a crear un mundo máis sostible ademáis de ter vantaxes económicas.

asociate