
Que é
Enerxía.eu?
Paga a túa enerxía a un prezo máis xusto
O consumo agregado permite que varias persoas se unan para contratar a súa enerxía de forma conxunta, accedendo a condicións máis favorables e a prezos baseados en referencias públicas do mercado.
En lugar de negociar individualmente, o grupo actúa como unha única demanda, o que permite mellorar as condicións económicas e gañar transparencia no que realmente se paga pola enerxía.
O proceso é sinxelo: analízase o consumo, organízase o grupo e accédese a unha proposta adaptada, sen complicacións e con acompañamento en todo momento.
Se queres pagar menos e entender mellor a túa factura, podes unirte á lista de persoas interesadas.
Este modelo permite, por exemplo, que un gandeiro instale placas solares na súa leira, xerando enerxía non só para o seu propio consumo, senón tamén para beneficiar á súa comunidade. Así promóvese un sistema enerxético máis sostible, xusto e descentralizado.
A través deste modelo, a enerxía pasa a ser un ben compartido: veciñanza, pequenas empresas e institucións locais únense para producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
Así créase un sistema máis sostible, accesible e solidario, onde a riqueza enerxética reverte directamente na comunidade.
Novas
A veciñanza do Rosal e San Miguel camiñan para xestionar a súa [...]
O Rosal está a dar pasos decididos cara á transición enerxética no medio [...]
A Sala Polivalente do Concello do Rosal quedou pequena no acto de constitución [...]
O Concello do Rosal deu un novo paso firme cara a un [...]
O Concello do Rosal segue impulsando o proxecto O Rosal Enerxía, unha comunidade [...]
O Rosal continúa camiñando cara a un futuro enerxeticamente máis sostible. O [...]
O futuro da enerxía limpa no rural do Rosal continúa con paso [...]
No Rosal hai cada vez máis persoas dispostas a construír un futuro [...]
Grande acollida da reunión informativa celebrada a pasada semana. A implicación do [...]
A comunidade enerxética ‘O Rosal Enerxía’ busca sumar máis persoas comprometidas co [...]








