Que é?

Que é Enerxía.eu?

Enerxía.eu é un proxecto impulsado por Permae en colaboración con Flinq, que nace para achegar ás persoas unha nova maneira de producir e consumir enerxía: máis sostible, máis xusta e máis local.

Queremos que a enerxía deixe de ser algo distante e pase a formar parte das decisións das persoas, dos barrios, das vilas e dos concellos.

En Enerxía.eu sabemos que xuntos podemos cambiar o xeito no que producimos e usamos a enerxía.

Imaxina compartir a enerxía do sol cos teus veciños e reducir xuntos a factura da luz. Apostar polo futuro está nas túas mans, e nós estamos aquí para acompañarte.

Que é enerxía.eu

A nosa misión

  • Impulsar comunidades enerxéticas locais que xeren beneficios reais para as persoas e para o planeta.
  • Promover o autoconsumo colectivo como ferramenta para reducir custos, democratizar a enerxía e fortalecer o tecido social.
  • Facer da transición enerxética un proxecto de todos, integrando valores como a sustentabilidade, a participación cidadá e a economía circular.
Que ofrece unha comunidade enerxética?

Que ofrece unha comunidade enerxética?

  • Xerar e consumir enerxía renovable de proximidade, como a solar ou a eólica.
  • Reducir ata un 30% a factura da luz grazas ao autoconsumo compartido.
  • Participar activamente na xestión da enerxía, empoderando a cidadanía.
  • Coidar do planeta, apostando polas renovables e reducindo as emisións.
  • Impulsar a economía local, xerando actividade e creando emprego no territorio.
  • Acceder a axudas públicas que poden cubrir entre o 20% e o 60% do custo das instalacións.

O NOSO TRABALLO BASÉASE NUN ACOMPAÑAMENTO INTEGRAL:

  • Escoitamos as túas necesidades e analizamos as mellores opcións técnicas e organizativas.
  • Deseñamos proxectos personalizados, adaptados á realidade de cada comunidade.
  • Facilitamos a tramitación administrativa, legal e de subvencións.
  • Formamos e dinamizamos aos membros, para garantir comunidades fortes e sostibles no tempo.

Un exemplo real:

Imaxina que o teu concello instala paneis solares no pavillón polideportivo.

A enerxía que non consume o propio pavillón repártese entre 100 vivendas próximas, que aforran na súa factura e gañan independencia enerxética.

Todo iso sen modificar a rede de distribución existente e aproveitando a normativa de autoconsumo colectivo.

Este é o tipo de transformación que queremos impulsar con Enerxía.eu: enerxía limpa, compartida e ao servizo das persoas.

Un exemplo real

«Un futuro sostible está nas nosas mans.
Súmate ao cambio con Enerxía.eu.»

Participa nunha comunidade enerxética

Queres participar nunha comunidade enerxética?

Fai visible teu compromiso co medio ambiente, axudarás a crear un mundo máis sostible ademáis de ter vantaxes económicas.