
Que é
Enerxía.eu?
Paga a túa enerxía a un prezo máis xusto
O consumo agregado permite que varias persoas se unan para contratar a súa enerxía de forma conxunta, accedendo a condicións máis favorables e a prezos baseados en referencias públicas do mercado.
En lugar de negociar individualmente, o grupo actúa como unha única demanda, o que permite mellorar as condicións económicas e gañar transparencia no que realmente se paga pola enerxía.
O proceso é sinxelo: analízase o consumo, organízase o grupo e accédese a unha proposta adaptada, sen complicacións e con acompañamento en todo momento.
Se queres pagar menos e entender mellor a túa factura, podes unirte á lista de persoas interesadas.
Este modelo permite, por exemplo, que un gandeiro instale placas solares na súa leira, xerando enerxía non só para o seu propio consumo, senón tamén para beneficiar á súa comunidade. Así promóvese un sistema enerxético máis sostible, xusto e descentralizado.
A través deste modelo, a enerxía pasa a ser un ben compartido: veciñanza, pequenas empresas e institucións locais únense para producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
Así créase un sistema máis sostible, accesible e solidario, onde a riqueza enerxética reverte directamente na comunidade.
Novas
O Concello de Frades ten o pracer de anunciar a creación da [...]
O Concello de Coirós, co apoio de 17 veciños e veciñas, constituíu, [...]
O Concello de Coirós ten o pracer de anunciar a creación da [...]
O Concello de Vilar de Barrio, co apoio de 9 veciños e [...]
O Concello de Barbadás ten o pracer de anunciar a creación da [...]
O Concello de Vilar de Barrio complace en anunciar a presentación da [...]
O Concello de Barbadás complace en anunciar a presentación da súa Comunidade [...]
O Concello de Coirós complace en anunciar a presentación da súa Comunidade [...]
O Concello de Vilasantar complace en anunciar a presentación da súa Comunidade [...]
O Concello de Frades complace en anunciar a presentación da súa Comunidade [...]








