
Que é
Enerxía.eu?
Paga a túa enerxía a un prezo máis xusto
O consumo agregado permite que varias persoas se unan para contratar a súa enerxía de forma conxunta, accedendo a condicións máis favorables e a prezos baseados en referencias públicas do mercado.
En lugar de negociar individualmente, o grupo actúa como unha única demanda, o que permite mellorar as condicións económicas e gañar transparencia no que realmente se paga pola enerxía.
O proceso é sinxelo: analízase o consumo, organízase o grupo e accédese a unha proposta adaptada, sen complicacións e con acompañamento en todo momento.
Se queres pagar menos e entender mellor a túa factura, podes unirte á lista de persoas interesadas.
Este modelo permite, por exemplo, que un gandeiro instale placas solares na súa leira, xerando enerxía non só para o seu propio consumo, senón tamén para beneficiar á súa comunidade. Así promóvese un sistema enerxético máis sostible, xusto e descentralizado.
A través deste modelo, a enerxía pasa a ser un ben compartido: veciñanza, pequenas empresas e institucións locais únense para producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
Así créase un sistema máis sostible, accesible e solidario, onde a riqueza enerxética reverte directamente na comunidade.
Novas
A comunidade enerxética ‘O Rosal Enerxía’ busca sumar máis persoas comprometidas co [...]
O acto será o vindeiro xoves 22 de maio ás 18.00 h na [...]
O Concello compartiu boas prácticas e presentou a súa Oficina da Enerxía [...]
Será o vindeiro xoves 13 de marzo ás 19.00 horas no Salón [...]
A Oficina da Enerxía, impulsada polo Concello de O Rosal, foi inaugurada [...]
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h [...]
O Concello de Frades, co apoio de 32 veciños e veciñas, constituíu [...]
O Concello de Frades ten o pracer de anunciar a creación da [...]
O Concello de Coirós, co apoio de 17 veciños e veciñas, constituíu, [...]
O Concello de Coirós ten o pracer de anunciar a creación da [...]








