Convocatoria para a Constitución da Asociación «Frades Enerxía»
O Concello de Frades ten o pracer de anunciar a creación da asociación «Frades Enerxía» co obxectivo de proporcionar aforros na factura da luz á comunidade local. Esta iniciativa, inspirada no modelo de Comunidade Enerxética presentado anteriormente, representa un avance significativo na procura de solucións enerxéticas sostibles e accesibles para os cidadáns de Frades.
A constitución oficial da asociación «Frades Enerxía» terá lugar o día 17 de xullo ás 19:00 horas no Centro sociocomunitario de Ponte Carreira. O acto está aberto a toda a veciñanza de Frades que queira unirse ou recibir máis información sobre esta iniciativa. Ata o momento, 38 persoas se postularon como fundadoras da asociación, mostrando un forte apoio comunitario.
A asociación «Frades Enerxía» ten como obxectivo principal promover o uso de enerxías renovables e sostibles na comunidade co fin de reducir os custos de enerxía e contribuír ao coidado do medio ambiente. Esta iniciativa enmárcase dentro do compromiso do Concello de Frades de proporcionar un maior benestar e calidade de vida aos seus cidadáns ao tempo que fomenta a sostibilidade e a eficiencia enerxética.
Durante a reunión de constitución presentarase un plan detallado sobre como a asociación «Frades Enerxía» levará a cabo as súas actividades, así como as oportunidades de participación para os residentes locais. Invítase a todos os asistentes a compartir ideas e contribuír ao éxito desta iniciativa comunitaria.
Para máis información e confirmación de asistencia, por favor chamar ao teléfono 981 695 567 ou enviar un correo a correo@frades.gal.




