
Que é
Enerxía.eu?
Paga a túa enerxía a un prezo máis xusto
O consumo agregado permite que varias persoas se unan para contratar a súa enerxía de forma conxunta, accedendo a condicións máis favorables e a prezos baseados en referencias públicas do mercado.
En lugar de negociar individualmente, o grupo actúa como unha única demanda, o que permite mellorar as condicións económicas e gañar transparencia no que realmente se paga pola enerxía.
O proceso é sinxelo: analízase o consumo, organízase o grupo e accédese a unha proposta adaptada, sen complicacións e con acompañamento en todo momento.
Se queres pagar menos e entender mellor a túa factura, podes unirte á lista de persoas interesadas.
Este modelo permite, por exemplo, que un gandeiro instale placas solares na súa leira, xerando enerxía non só para o seu propio consumo, senón tamén para beneficiar á súa comunidade. Así promóvese un sistema enerxético máis sostible, xusto e descentralizado.
A través deste modelo, a enerxía pasa a ser un ben compartido: veciñanza, pequenas empresas e institucións locais únense para producir e consumir enerxía renovable de forma colaborativa.
Así créase un sistema máis sostible, accesible e solidario, onde a riqueza enerxética reverte directamente na comunidade.
Novas
Mércores 23 de setembro, ás 19:00 h, na Casa da Cultura. Primeira convocatoria pública desde a constitución da asociación: entrada libre e alta gratuíta.
O venres 28 de agosto asináronse os estatutos e a acta fundacional. San Sadurniño Enerxía queda constituída como asociación sen ánimo de lucro e abre o prazo de alta de persoas socias.
Vinte persoas participaron na asemblea do 13 de agosto na Casa da Cultura, na que se acordaron as persoas que integrarán a primeira Xunta Directiva da comunidade enerxética.
O xoves 13 de agosto, ás 20:00 h, na Casa da Cultura, presentarase San Sadurniño Enerxía e constituirase a asociación. Entrada libre e alta gratuíta.
A veciñanza do Rosal e San Miguel camiñan para xestionar a súa [...]
O Rosal está a dar pasos decididos cara á transición enerxética no medio [...]
A Sala Polivalente do Concello do Rosal quedou pequena no acto de constitución [...]
O Concello do Rosal deu un novo paso firme cara a un [...]
O Concello do Rosal segue impulsando o proxecto O Rosal Enerxía, unha comunidade [...]
O Rosal continúa camiñando cara a un futuro enerxeticamente máis sostible. O [...]








